InicioSociedadeA portavoz socialista na Deputación de Lugo lembra que o viaduto caído...

A portavoz socialista na Deputación de Lugo lembra que o viaduto caído na A-6 é obra dun goberno do PP

Lembra que hai unha estrada caída no Courel que é da Xunta que segue sen solucionar os problemas de tráfico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A secretaria de Organización do PSOE de Lugo e portavoz socialista na Deputación provincial, Pilar García Porto, lembrou este venres que o viaduto caído na A-6, a medio quilómetro de Pedrafita do Cebreiro, é obra dun goberno do PP.

García Porto, tras as críticas da presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, que cualificou de “insultante” a resposta do Goberno central e os reproches da Xunta de Galicia, botou a vista atrás para dicir que “esta é unha actuación que tivo orixe hai máis de 20 anos cando, daquelas, estaba á fronte do goberno do Estado o Partido Popular”.

A maiores, o número tres dos socialistas lucenses censurou que “non é de recibo cualificar como o fai o PP, coa palabra de insultante cando as accións do goberno do Estado están a facerse con absoluta responsabilidade, con absoluta prema e facendo propostas para dar unha solución o máis áxil posible e o máis segura”.

“O que non pode facer o Partido Popular é entrar en demagoxias, nin en dicir que as solucións que achega son as boas porque, en definitiva, iso terano que resolver os técnicos e ata o momento as solucións achegadas polos técnicos da Xunta non son consideradas viables polos técnicos do Estado”, lamentou.

“Os políticos neste tipo de cuestións temos que solicitar prema na execución das actuacións para que o tráfico rodado normalizar e esixir ao goberno axilidade e prema pero recoñecendo que o traballo están encima da mesa”, sinalou Pilar García Porto.

ESTRADA CAÍDA NO COUREL

Seguidamente reprendeu á Xunta de Galicia que “debería de pensar un pouco que cando se fan criticas debería de mirarse o embigo e ver que actuación se está facendo con respecto ás comunicacións por parte da Administración autonómica e sen ir máis lonxe na provincia de Lugo hai unha estrada (da Xunta) caída no Courel que impide as comunicacións entre concellos da montaña”.

“Eu recordo perfectamente as palabras da conselleira (de Infraestruturas, Ethel Vázquez) que dixo que se ía a tomar unhas semanas para ver cal é a solución e o certo é que pasado un tempo máis que prudencial non hai solución, nin actuacións encima da mesa”, ha finalmente Pilar García Porto ao Goberno galego sobre esa vía en Folgoso do Courel.

ÚLTIMAS

Desatascar a praia fluvial e as obras da Rolda Este, compromisos acadados entre Xunta e Concello

A Xunta de Galicia e o Concello de Lugo alcanzaron compromisos, tras unha reunión conxunta mantida este martes,...

Dous mozos golpean no parque Rosalía de Castro a un home tras un altercado con dúas mozas por motivo de cartos

Un home maior foi golpeado brutalmente no parque Rosalía de Castro de Lugo por...

Cachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles superando o límite penal

A Policía Local de Lugo detectou ao longo da semana pasada a dous condutores de patinete eléctrico...

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...