InicioPolíticaTomé confía en que no Debate do Estado da Nación saian fortalecidas...

Tomé confía en que no Debate do Estado da Nación saian fortalecidas as políticas sociais

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, mostrou a súa confianza en que do Debate sobre o Estado da Nación saian fortalecidas “aínda máis” as políticas sociais do Goberno central. Tomé recoñeceu que en dito debate “se vai falar de política xeral e do Estado”, polo que espera que apenas teña eco en canto a investimentos para a provincia de Lugo.

No entanto, o xefe do executivo provincial destacou que “o que ten comprometido o presidente (Pedro Sánchez), a través do Ministro da Presidencia, é que se van tomar novas medidas”. “Sobre todo destinadas a axudar ás persoas a pasar as dificultades polas que estamos a pasar agora”, indicou.

“Por tanto, son políticas sociais as que hoxe o presidente vai expor no Parlamento pola mañá e despois, pola tarde, é o debate cos grupos parlamentarios”, pormenorizou. Tomé insistiu en que “hoxe non vai haber anuncios de obras porque non toca iso”. Finalmente, destacou que as medidas que se adopten tras este debate sobre o Estado da Nación van ser “moi importantes para a cidadanía”.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...