InicioPolíticaO Pleno aproba dotar a Lugo da comercializadora de enerxía municipal

O Pleno aproba dotar a Lugo da comercializadora de enerxía municipal

O PP abstívose na proposta do BNG para estudar a adaptación de EVISLUSA e a Fábrica da Luz para comprar enerxía no mercado maiorista

PUBLICADA O

- Advertisement -

Barcelona, Cádiz, Vitoria, Pamplona, Zaragoza. Lugo seguirá o exemplo das cidades pioneiras en España na autoxestión da enerxía. Así o contempla o acordo plenario a proposta do Bloque Nacionalista Galego, un proxecto enfocado “a medio prazo” e con “cautela” para promover unha comercializadora eléctrica que poida acudir á subasta maiorista de enerxía. As razóns son de calado: aforro nas instalacións públicas, alivio para as persoas en situacións de pobreza enerxética, e abastecemento de fontes renovables.

A cuestión prosperou co voto positivo de todos os grupos agás do Partido Popular, que xustificou o posicionamento polos “interrogantes” e as “experiencias previas” do goberno local. O representante dos populares, Antonio Ameijide, expresou inquedanza polo destino do Parque de Enerxías Alternativas do Ceao e as sancións da Confederación Hidrográfica pola situación da Fábrica da Luz.

Daniel Piñeiro, concelleiro de Desenvolvemento Sostible | Óscar Bernárdez
Daniel Piñeiro, concelleiro de Desenvolvemento Sostible | Óscar Bernárdez

O certo é que toda a corporación comparte que existen dificultades importantes. Alternativa Cidadá de Esquerdas cualificou a moción de “declaración de principios”, aínda que valora positivamente o avance cara un cambio de modelo produtivo. Dende o executivo son optimistas nas posibilidades de modificar os estatutos de EVISLUSA, a sociedade municipal que asumiría a función de comercializadora de enerxía.

Logo das consultas efectuadas polo responsable de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, é factible que a operadora de redes poida acudir ao mercado maiorista e comercializar electricidade. Así sucede en Avilés, onde a administración local emprega medios propios para a tarefa. Con todo, o concelleiro advertiu que podería ser necesaria a asistencia técnica externa.

Olga Louzao, voceira de Cidadáns | Óscar Bernárdez
Olga Louzao, voceira de Cidadáns | Óscar Bernárdez

En Lugonovo urxen a pór en funcionamento este sistema para atallar a suba nos prezos da luz, sobre a base de que o Concello adica seis millóns de euros cada ano para o alumeado público. Ao respecto, o voceiro nacionalista Rubén Arroxo precisou que o aforro estimado sería dun tres por cento anual a partir do terceiro exercicio, en contraste co incremento do oitenta por cento no prezo dende a liberalización do sector   auspiciada por José María Aznar.

A proposición aceptada polo pleno do consistorio inclúe o estudo da producción de enerxía na Fábrica da Luz. E contou así mesmo coa engádega de Cidadáns, na procura dunha estratexia que englobe todos os servizos municipais. Olga Louzao, voz da formación, reclamou un plan “ambicioso, transversal co urbanismo e o transporte, cara un modelo máis sostible”. Porén, este grupo dubida da capacidade do goberno local para asumir esta iniciativa, subliñando a obriga de sacar de novo o contrato do alumeado público, caducado dende 2013. En resposta, o grupo socialista convidou a aproveitar o proxecto Lugo Smart para desenvolver ese plan de optimización.

“A transición enerxética ten que ser global, social e política”

ÚLTIMAS

Deteñen a unha muller de 71 anos por introducir droga no cárcere de Monterroso

A Garda Civil de Lugo detivo a unha muller de 71 anos acusada dun delito de tráfico de...

A Policía Local de Lugo identifica a dous mozos facendo pintadas e a outro que esnaquizaba coches a fartar

A Policía Local de Lugo identificou a dous mozos sorprendidos mentres realizaban pintadas na mañá de...

Lugo realiza case 900 rexistros de rede de sumidoiros para controlar as pragas urbanas

O Concello de Lugo levou a cabo un total de 870 rexistros de rede de sumidoiros en nove...

A xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes 2024

A produtora cinematográfica Chelo Loureiro e a xerenta da Rede Museística Provincial de Lugo,...