InicioSociedadeOllo... esta semana a Policía Local de Lugo fará controis de velocidade

Ollo… esta semana a Policía Local de Lugo fará controis de velocidade

Será dentro da campaña especial de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) do 4 ao 10 de xullo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo realizará controis de velocidade con ocasión da campaña especial de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) do 4 ao 10 de xullo, á vez que chama aos cidadáns a adecuar a velocidade do vehículo á establecida para cada vía.

Incide en que desde o 11 de maio de 2021 o límite de velocidade en vías urbanas está fixado en 20 quilómetros por hora en vías que dispoñan de plataforma única de calzada e beirarrúa e en 30 km/h nas de único carril por sentido de circulación.

E o límite en vías de dúas ou máis carrís por sentido de circulación mantense en 50 quilómetros, sinalou a Policía Local, que subliña que o incumprimento destas normas leva consigo sancións de 100 a 600 euros e a perda de dous a seis puntos en función da velocidade.

A Policía Local de Lugo resalta que o Código Penal castiga como delito contra a seguridade viaria a persoa que conduza un vehículo de motor ou ciclomotor a velocidade superior a 60 km/h en vía urbana, con penas de prisión de tres a seis meses ou multa ou traballos en beneficio da comunidade e, en todo caso, coa privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores dun a catro anos.

Con todo, a Policía Local de Lugo solicita a todos os condutores que “adecuen a velocidade do vehículo á establecida para a vía”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...