InicioPolíticaA presidenta do PP de Lugo considera "insultante" a resposta do Goberno...

A presidenta do PP de Lugo considera “insultante” a resposta do Goberno á caída do viaduto da A-6

Critica ao rexedor de Pedrafita por estar "máis preocupado de Aznar que de pedir explicacións a Sánchez".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, cualificou de “insultante” a resposta do Goberno central ao derrube de dous alicerces do viaduto do Castro na A-6, a medio quilómetro do municipio lucense de Pedrafita do Cebreiro.

Candia queixouse de que o executivo presidido por Pedro Sánchez “non” está a dar “ningunha explicación”. “Como é posible que unha infraestrutura que estaba a ser executada cunha obra de máis de 26 millóns de euros veu abaixo”, subliñou.

Para a líder dos populares de Lugo é “insultante, e xa como veciña de Lugo, que a provincia se converta na provincia peor comunicada, é a máis incomunicada“. “Xa nos insultaron eliminando as variantes na alta velocidade (ferroviaria)”, protestou. Elena Candia pide ao Goberno central “unha explicación contundente, hai que volver lembrar que se estaban executando obras” nesa ponte “por máis de 26 millóns de euros“.

Á súa vez reclamou “solucións, porque nun momento en que hai que facer dez ou quince quilómetros a maiores, isto repercute na economía dos pequenos transportistas e tamén solucións pensando nos veciños de Pedrafita, como facer pasos de peóns ou incorporar máis semáforos”.

“Estes veciños viron da noite para a mañá como a convivencia no día a día viuse alterada e o alcalde (o socialista José Luís Raposo) parece estar máis preocupado de Aznar que de pedir explicacións e solucións ao goberno de Pedro Sánchez”, afeou a tamén vicepresidenta o Parlamento de Galicia, Elena Candia.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...