InicioSociedadeNavia de Suarna abrirá a súa residencia en outubro

Navia de Suarna abrirá a súa residencia en outubro

O convenio asinado coa deputación supón un investimento de máis de 3 millóns de euros ata o ano 2025.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou este xoves que o Centro de Atención a Maiores de Navia de Suarna comezará a funcionar no mes de outubro. Así o dixo despois de asinar co alcalde da localidade, José Fernández, o convenio específico necesario para a posta en marcha do centro, durante a celebración dunha xornada de portas abertas organizada pola institución provincial na que numerosos veciños coñeceron as instalacións, que contarán con 30 prazas e darán emprego a 25 persoas.

O convenio asinado supón un investimento de máis de 3 millóns de euros ata o ano 2025, garante a prestación pública do servizo e establece a prioridade de acceso ás prazas para os veciños de Navia de Suarna, seguidos dos de concellos limítrofes e do resto da provincia.

No texto, a Deputación comprométese a efectuar o financiamento previsto, a actuar como órgano de contratación e a impulsar un equipo técnico especializado no ámbito dos servizos sociais. Pola súa banda, o concello comprométese a colaborar coa institución provincial e a facer as achegas económicas previstas.

“Hoxe solicitamos o Permiso de Inicio de Actividade á Xunta de Galicia, e esperamos que dea unha resposta canto antes”, avanzou José Tomé, que engadiu que xa hai unha vintena de solicitudes para entrar ao centro.

ÚLTIMAS

“Candeas” para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

O BNG reivindicou á Xunta que "garanta" o "bo estado" da iluminación da muralla...

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...

A Deputación de Lugo súmase á reclamación da descentralización de Medicina: “Non só para Vigo e Coruña, para Lugo tamén”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, reclamou a participación de Lugo no...

O PP de Lugo sinala informes de servizos municipais que advirten sobre contratos caducados

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, acusou ao goberno local, que dirixe...