InicioSociedadeMáis dun cento de novos contaxios Covid en Lugo nun día

Máis dun cento de novos contaxios Covid en Lugo nun día

Os contaxiados volven superar os 1.500 casos activos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 en Galicia seguen en aumento e ascenden a 650, que supoñen 15 máis que a xornada anterior, tras detectarse máis de 1.670 novos contaxios. Os casos activos elévanse a 12.412, que implican 673 máis, e as vítimas da pandemia increméntanse a 3.594, ao morrer outro nove persoa máis por este coronavirus.

Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do martes, recollidos por Europa Press, descenden a 20 os pacientes en UCI pola Covid-19 en Galicia –dous menos– e ascenden a 630 os hospitalizados noutras unidades –17 máis–, mentres que 11.762 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana, o mércores 22 de xuño, había 493 ingresados, deles 17 en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta na de Lugo, onde queda un en críticos –un menos que a xornada anterior– e soben a 73 os ingresados noutras unidades –cinco máis–.

MÁIS DE 12.400 CASOS

Os casos activos de Covid-19 acumulan dúas xornadas consecutivas en ascenso ata situarse nos 12.412, que supoñen 673 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (1.677) que altas (996), ao que se suman varios falecementos. O mércores anterior había 11.028 infeccións activas.

O ascenso é xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas, con Santiago e Barbanza con maior subida (+209), seguida da de Lugo (+108) que sobe a 1.584 casos activos.

VÍTIMAS

As vítimas da pandemia da Covid-19 en Galicia rexistradas na web do Sergas ascenden a 3.594 ao notificar este mércores a Consellería de Sanidade nove óbitos de pacientes con patoloxías previas rexistrados en varios días. Entre eles hai unha muller de 96 na que morreu o pasado 27 de xuño en Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...

Unanimidade no Parlamento para desenvolver o polígono industrial de Muras

O Parlamento de Galicia pediu, por unanimidade dos grupos, que a Xunta "se comprometa"...

Vilalba levará un orzamento de 14 millóns de euros ao pleno do 26 de marzo

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que estas contas “responden a unha idea...