InicioSucesosFeridos dous operarios debido á caída dunha estada en Lugo

Feridos dous operarios debido á caída dunha estada en Lugo

Os feitos sucederon na Rolda de Valle Inclán.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous operarios duns 31 e 43 anos de idade resultaron feridos ao caer dunha estada este martes pola mañá nunhas obras na cidade de Lugo. Segundo informou o 112 Galicia, pasadas as 9,20 horas deste martes na cidade de Lugo produciuse un accidente laboral con dous operarios feridos por mor da caída dunha estada.

Os feitos sucederon na Rolda de Valle Inclán e, para atender aos afectados, os xestores do 112 pediron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario de Atención Primaria de Lugo para atender aos feridos, I.O.B., de 31 anos, e R.A.B., de 43 anos, que foron trasladado ao Hospital Lucus Augusti (HULA), confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Tamén foron informados axentes da Policía Local e Nacional co fin de recoller toda a información sobre o sucedido.

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Un total de dez ofertas presentáronse para construír as 152 novas vivendas públicas en Garabolos licitadas por 26,5 millóns

A Xunta de Galicia recibiu un total de 10 ofertas para construír 152 novas...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...