InicioLugo e contornaO pai da nena asasinada pola nai en Muimenta, "tranquilo" tras ser...

O pai da nena asasinada pola nai en Muimenta, “tranquilo” tras ser denunciado por ameazas

Nega que se producise ningunha agresión cara á parella de Sandamil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pai da nena Desirée asasinada pola súa nai en Muimenta, José Manuel Leal, confesou que se atopa “absolutamente tranquilo” ante a denuncia por supostas ameazas que presentou o noivo da súa ex parella, Ana Sandamil que foi condenada a prisión permanente revisable polo asasinato da súa filla.

Ao proxenitor da menor impútaselle un delito de ameazas e obstrución á xustiza, durante a semana que se prolongou o xuízo, polo que terá que declarar na primeira quincena de xullo.

O pai de Desirée asegurou que está “absolutamente tranquilo” e negou que se producise ningunha agresión cara á parella de Sandamil. “Estou absolutamente tranquilo. É xente que o único que ten é maldade. Despois de todo o sucedido que veñan con estas bobadas”, lamentou José Manuel Leal.

Por outra banda, Leal advertiu que “o único” que lle preocupa é que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratifique a condena a prisión permanente revisable emitida pola Sección Segunda da Audiencia Provincial tras o xuízo contra a nai e despois do veredicto de culpabilidade que expresou un xurado popular. “Iso si que me preocupa”, abundou.

O pai de Desirée confía que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia se pronuncie “canto antes”, aínda que estima que o veredicto final, tras recorrer a sentenza Ana Sandamil, “salga no mes de xullo, cara a finais”.

“Espero ter todo iso resolto no mes de agosto. Que ese monstro (como se dirixe habitualmente á súa ex parella) siga coa prisión permanente revisable, que é o máximo estipulado por este país, que se siga mantendo polo TSXG”, abundou.

O crime de Desirée produciuse o 3 maio de 2019, o venres en que a pequena se ía co seu pai dentro do réxime de visitas que tiña asignado, na casa da nai en Muimenta, no municipio de Cospeito.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...