InicioLugo e contornaOuteiro de ReiOuteiro de Rei e a Xunta investirán máis dun millón de euros...

Outeiro de Rei e a Xunta investirán máis dun millón de euros nunha nova área de lecer

O Plan Hurbe trátase dunha iniciativa posta en marcha pola Xunta no ano 2010 co fin de axudar ás entidades locais a executar actuacións destinadas a "crear, mellorar e integrar coa contorna espazos de uso público e e

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta anunciou que, xunto co Concello de Outeiro de Rei, investirá algo máis de 1,1 millóns de euros na habilitación dunha nova área de lecer na localidade lucense, no marco do plan Hurbe.

Nun comunicado, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda explicou que se localiza nunha parcela de 2.688 m2, nas inmediacións de Santa Isabel, e contará con dúas piscinas ao aire libre, unha de uso infantil e outra para adultos, e un centro para bicicletas de montaña.

Así mesmo, a Xunta detallou que se construirá un “edificio polivalente”, que podería albergar unha cafetaría, e habería zonas destinadas a usos complementarios. Para todo iso, a administración autonómica achegará o 70% do orzamento previsto e o concello o 30% restante.

Ángeles Vázquez, que visitou este martes a zona, avanzou que as obras das futuras instalacións licitaranse ao longo deste ano e levasen a cabo no ano 2023.

O Plan Hurbe trátase dunha iniciativa posta en marcha pola Xunta no ano 2010 co fin de axudar ás entidades locais a executar actuacións destinadas a “crear, mellorar e integrar coa contorna espazos de uso público e equipamentos urbanos”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...