InicioPolíticaO PSOE de Lugo queda só na aprobación do 5% da PXOM...

O PSOE de Lugo queda só na aprobación do 5% da PXOM ao votar en contra o BNG

PUBLICADA O

- Advertisement -

O 5% do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Lugo, pendente de resolver desde hai 11 anos, non saíu adiante no pleno celebrado este venres no Concello ao contar só co apoio do PSOE e o voto en contra dos seus socios de goberno, o BNG. Pola súa banda, PP e Ciudadanos optaron pola abstención.

Xa o día anterior o PP, que conta con dez concelleiros, considerara necesario “máis tempo” para estudar toda a documentación nun contexto no que a medida necesita maioría absoluta para saír adiante. Destes modos, os dez concelleiros do PP e os dous de Ciudadanos optaron pola abstención, mentres que os cinco do Bloque, que goberna en coalición co PSOE –oito concelleiros– votaron en contra.

Previamente, o tenente de alcaldesa e portavoz nacionalista, Rubén Arroxo, xa anticipaba que a súa formación ía manter “a posición coherente que mantivo o BNG en todo momento con respecto ao Plan Xeral”.

“Nós no seu día, hai once anos, xa advertiamos que este Plan Xeral estaba fóra da realidade, un plan calculado para que Lugo tivese máis de 300.000 habitantes. E pasaron máis de once anos e Lugo gañou ao redor de 2.000 habitantes”, esgrimiu para oporse ao documento urbanístico.

Pola súa banda, a alcaldesa, Lara Méndez, asegurou que no último ano e medio mantivo reunións coa Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta e que o Consistorio “sempre mantivo” a “man tendida” para acordar o documento.

Así mesmo, sobre a actitude dos populares, sostivo que “este expediente xa se aprobou inicialmente por mor de que a Xunta de Galicia en outubro de 2020 enviase as esixencias que tiñan que mellorarse”. “Agora era ratificar ese documento que foi aprobado inicialmente coas esixencias que viñan da Xunta que é o que se incorporou”, dixo.

Deste xeito, agora será necesario outro pleno para que finalmente este plan xeral, que arrincaba hai 25 anos, baixo un goberno do PP, sexa resolto na súa totalidade.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Accidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

Varios vehículos víronse implicados este venres, pouco antes do seis da madrugada, nun accidente...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...