InicioSociedadeA caída da ponte na A-6 dispara o tráfico polo municipio de...

A caída da ponte na A-6 dispara o tráfico polo municipio de Pedrafita

Por mor deste aumento na circulación, o Concello instalou paneis informativos e sinalización luminosa para advertir os condutores do límite de velocidade a 40 quilómetros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luís Raposo, asegura que, desde a caída do viaduto na A-6 a semana pasada, incrementouse “moitísimo o tráfico”, dado que se teñen que desviar os vehículos polo municipio para acceder á N-V.

“Cando sacaron a nacional e se pasou á autovía non había nin a cuarta parte da circulación, sobre todo tráfico pesado”, di o rexedor. Por mor deste aumento na circulación, o Concello instalou paneis informativos e sinalización luminosa para advertir os condutores do límite de velocidade a 40 quilómetros no núcleo de Pedrafita.

Así, o alcalde móstrase satisfeito sobre todo porque “a velocidade baixou considerablemente”. No entanto, avisa que “agora nos meses de vacacións pode haber momentos puntuais e moi delicados”. “Falouse disto, que o terán en conta na Dirección Xeral de Tráfico e no Ministerio de Transportes”, saúda Raposo.

Un aspecto que non pasa por alto o alcalde é que “agora se teñen que mirar os días de feira”, xa que “os postos non poderán ir na travesía”. “Vai ser así e non se van poder poñer. Hai que adaptarse e hai que deixar tempo para que traballen os técnicos coa ponte”, conclúe Raposo.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...