InicioSucesosTres persoas rescatadas dun incendio na súa vivenda en Vilalba, pero non...

Tres persoas rescatadas dun incendio na súa vivenda en Vilalba, pero non houbo feridos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Persoal de emerxencias rescataron a tres persoas ao quedar atrapados no incendio da súa vivenda en Vilalba, sen que se rexistrasen danos persoais.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron cando faltaban poucos minutos para as 5,00 horas deste xoves. Un morador chamou a emerxencias para alertar dun incendio no primeiro piso da súa casa situada no lugar de O Adro, na parroquia de San Martiño de Lanzós.

Segundo o seu relato, os membros da familia necesitaban axuda para abandonar a vivenda. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxeron o suceso en coñecemento dos Bombeiros de Vilalba, dos membros de Protección Civil da localidade e do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose precisa a súa intervención.

Ademais, informaron á Garda Civil, que escasos minutos despois da súa chegada ao lugar confirmaron que todos os ocupantes da casa estaban fóra e en bo estado. Os bombeiros, finalizadas as tarefas de extinción, confirmaron ao 112 Galicia que para rescatar ás persoas, foi necesaria a axuda dun vehículo con escaleira autoportante. Así mesmo, indicaron que arderon os mobles, a neveira, o forno e un microondas da cociña da vivenda.

+ posts

ÚLTIMAS

O alcalde do Páramo renuncia á acta e será relevado polo seu segundo, Benjamín García

O Concello de O Páramo celebrará esta tarde o pleno no que se tomará...

Acusan a Elena Candia do “maior acto de vulneración democrática vivido nun pleno do Concello de Lugo”

  O voceiro socialista no Concello de Lugo, Miguel Fernández, criticou este xoves con enorme...

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...