InicioSociedadeO BNG propón unha comisión de seguimento para a recuperación da ponte...

O BNG propón unha comisión de seguimento para a recuperación da ponte na A-6

O PSdeG lamenta que a conselleira de Infraestruturas empregue o derrube para "cuestionar" o Goberno, que manterá coa Xunta unha reunión este martes para abordar o acontecido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, propuxo a creación dunha comisión de seguimento para a recuperación da ponte sobre a A-6, infraestrutura que no límite de León con Galicia tivo un derrubamento en días pasados. Nunha visita ao lugar do sinistro, acompañada do deputado no Congreso Néstor Rego; Ana Pontón apostou pola creación desta comisión de seguimento con presenza de Xunta, Estado, forzas parlamentarias e sectores económicos e sociais afectados.

Ademais, pide a comparecencia da ministra de Transportes, Raquel Sánchez, e unha investigación “transparente e independente que aclare o colapso dunha ponte con apenas 20 anos de funcionamento”. A líder nacionalista tamén reclamou un calendario que “fixe prazos” para a recuperación da infraestrutura, que é un dos pasos principais de Galicia coa meseta.

PSDEG

Pola súa banda, o portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, censurou a “lamentable reacción” da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, ao derrube do viaduto por “empregar calquera incidente para cuestionar os demais gobernos”. Así o criticou o dirixente socialista na Cámara galega, despois de que a conselleira, durante unha entrevista este domingo na Cadena Ser, afease ao Ministerio de Transportes a “falta de información” sobre este incidente e reclamase “axilidade nas solucións”.

Tras estas palabras, Álvarez lembrou este luns que o colapso deste viaduto que conecta Galicia con Castela e León “carece de antecedentes na enxeñaría civil española” e se debu a un “problema oculto na estrutura”. “A Xunta pedindo sempre, sempre, sempre seriedade coma se fose necesario, coma se tivese que dicirlle aos técnicos do Ministerio a vía pola que teñen que investigar. Coma se eles (o Goberno galego) fosen infalibles”, explicou o portavoz do PSdeG.

REUNIÓN ESTE MARTES

A comisión autonómica de tráfico e seguridade da circulación viaria –que conta con representantes de todas as administracións con competencias nas estradas galegas– reunirase este martes, 14 de xuño, na sede da Delegación do Goberno (A Coruña), onde abordará, entre outros asuntos, o derrube do viaduto O Castro, na A-6.

Nunha entrevista coa Cadena SER, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, aseguraba que se reclamará “máis información” ao Goberno pola caída do tramo, que permanece pechado desde hai un ano por obras. “Gustaríanos que se compartan para axudar a ofrecer solucións”, apuntaba en referencia aos informes técnicos do Ministerio de Transportes.

A este respecto, a conselleira demandou unha maior “axilidade nas solucións”, dado que a “A-6, unha vía troncal para Galicia, está pechada”. “Isto produce un forte impacto desde o punto de vista económico, que afecta o transporte especial”, destaca.

A comisión de seguridade viaria, que se reúne de forma periódica, estará presidida polo delegado do Goberno, José Miñones, e tratará tamén –a partir das 10,15 horas deste martes– asuntos relacionados coa coordinación e accións relativas ao Xacobeo, conservación de infraestruturas, programas de educación viaria e normativa de tolerancia cero co alcol.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...