InicioEconomíaO Parlamento pide destinar fondos europeos para construír o gasoduto Guitiriz-Zamora

O Parlamento pide destinar fondos europeos para construír o gasoduto Guitiriz-Zamora

Esta infraestrutura "permitirá o transporte de gases renovables e será fundamental para conectar a xeración de hidróxeno verde en Galicia co resto de redes de transporte europeas", explica o PPdeG.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Parlamento galego demandou ao Goberno central que destine fondos europeos para a construción do gasoduto Guitiriz-Zamora co fin de impulsar a medio e longo prazo o transporte de gases renovables e hidróxeno.

Esta proposta do PPdeG, que saíu adiante transaccionada co PSdeG e coa abstención do BNG, tamén pide o desenvolvemento da terceira interconexión con Portugal, con garantía de integración de todos os territorios da península ibérica.

Na comisión de Industria, a deputada popular Marta Nóvoa subliñou que España lidera a capacidade de almacenamento e regasificación de Europa, pero hai “un importante problema que é a falta de interconexión enerxética con outros países, o que sería clave para consolidar este liderado de España”.

Por tal motivo, ese gasoduto “permitirá o transporte de gases renovables e será fundamental para conectar a xeración de hidróxeno verde en Galicia co resto de redes de transporte europeas”.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...