InicioSociedadeInvestigan unha rede de explotación laboral para coidar maiores en Castroverde

Investigan unha rede de explotación laboral para coidar maiores en Castroverde

Unhas 60 mulleres de orixe suramericana, sen papeis, supostamente serían utilizadas por unha axencia asentada en Castroverde para dar atención a persoas maiores e enfermos con algunha discapacidade, con 12 e 14 horas diarias de traballo por entre 600 e mil euros, de luns a domingo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Castroverde, José María Arias, confirmou este martes que está “aberta” unha investigación sobre unha rede de explotación laboral asentada neste municipio para atender a persoas maiores e enfermas con algunha discapacidade.

Segundo informou o rexedor, a investigación, segundo adiantou o diario ‘El Progreso’, lévaa o Xulgado de Instrución número 3 de Lugo, cuxo titular xa interrogou a algunha das vítimas da devandita rede que foi descuberta pola Garda Civil.

Así, unhas 60 mulleres de orixe suramericana, sen papeis, supostamente serían utilizadas por unha axencia asentada en Castroverde para dar atención a persoas maiores e enfermos con algunha discapacidade, con 12 e 14 horas diarias de traballo por entre 600 e mil euros, de luns a domingo, e cobraban en man.

A dona da axencia, de 48 anos de idade, e a súa filla, de 27, supostamente fixeran crer a estas mulleres que para realizar o seu traballo estaba todo en regra.

O alcalde de Castroverde sinalou que se trata dunha “empresa que levaba o servizo de Atención no Fogar” neste municipio da montaña de Lugo. “No que lle compete ao Concello non hai nada, estaba todo en regra. Outras cousas son cousas nas que non me podo meter como poidan ser empresas paralelas”, abundou.

As dúas persoas investigadas non son de Castroverde, senón residentes e veciñas do municipio de Baleira, segundo aclarou o alcalde José María Arias.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...