InicioPolíticaLara Méndez urxe reunirse con Rueda para "desatascar temas pendentes" da Xunta...

Lara Méndez urxe reunirse con Rueda para “desatascar temas pendentes” da Xunta con Lugo

A alcaldesa remite unha carta ao novo presidente de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, anunciou que remitirá unha carta ao novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para pedirlle oficialmente manter unha reunión sobre as necesidades da cidade.

“Temos temas pendentes que tratar na cidade”, sostén, polo que demanda ese encontro a “a maior urxencia”. “Mágoa que teñamos que falar do pasado e do futuro de Lugo para desatascar temas que levamos máis de 20 anos pendentes, como o Plan Paraday, a Rolda Este ou o Museo da Romanización“, protestou.

Estas son as principais reivindicacións que leva a alcaldesa de Lugo na “axenda” para tratar con Rueda, que “foi designado dentro do seu partido e non escollido polos galegos e galegas”, apuntou Méndez.

“Evidentemente, non lle cuestiono a súa lexitimidade como presidente, pero solicitaremos esa reunión onde temos que abordar o presente e o futuro da cidade”, urxiu.

“Ímola abordar como facemos sempre con este tipo de reunións, unha solicitude para seguir tratando de desatascar as débedas históricas” que acumula a Xunta coa cidade de Lugo, concluía Lara Méndez.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...