InicioA UlloaPalas de ReiRueda tenta acelerar a instalación de Altri en Palas recorrendo ao Goberno

Rueda tenta acelerar a instalación de Altri en Palas recorrendo ao Goberno

Pide unha audiencia a Sánchez para debater o encaixe do proxecto cos fondos europeos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta ao xefe do Goberno central, Pedro Sánchez, con data de este 19 de maio, na que lle solicita, “o máis axiña posible”, unha audiencia para establecer un primeiro contacto e abordar asuntos que considera cruciais para a Comunidade en diversos ámbitos: desde o económico ao de competencias ou infraestruturas pendentes.

Entre outras cuestións, sinala que a inflación “agravada pola Guerra de Ucraína”, a crise enerxética ou as dificultades que atravesan as economías familiares “aceleraron, máis se cabe, a urxencia de desenvolver adecuadamente os asuntos e proxectos pendentes con Galicia”.

Nesta conxuntura, Rueda quere abordar co presidente do Goberno iniciativas que considera “estratéxicas”, sendo dúas delas a planta de fibras téxtiles en Palas de Rei, impulsada pola empresa Altri; e unha planta de biogás para a xestión de xurros. Para garantir a execución destas iniciativas, Rueda reivindica que é “imprescindible” o acompañamento dos Fondos Next Generation e o seu “encaixe” nos criterios establecidos nos Pertes presentados polo Goberno, ou no marco doutros apoios a proxectos tractores. Precisamente, a fábrica lusa xa apuntou que non movería un dedo sen antes contar con polo menos 200 millóns de euros públicos.

Outro sector chave para Galicia e para España é a automoción, segundo o mandatario galego, quen ve “determinante” que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo considere no Perte VEC o alto potencial de Galicia na industria e o seu principal proxecto –Autoancora–, liderado polo primeiro produtor nacional de vehículos. Esta iniciativa, “de enorme impacto para o futuro” en Galicia requiriría tamén, para Rueda, do apoio dos Fondos Next Generation.

AVANZAR NA TRANSFERENCIA DA AP-9

No ámbito das infraestruturas, Rueda ve “crucial” o desenvolvemento de infraestruturas chave como o corredor Atlántico ou as conexións por autovía e tren na provincia de Lugo; a implicación no Pacto de Estado por Ferrol e o apoio ao sector da automoción galego; así o avance na transferencia da titularidade da autoestrada AP-9. Engade no seu mesma que o impulso conxunto ao Xacobeo 21-22, “cuxo impacto e prestixio superan con moito ao ámbito territorial de Galicia”, requiriría á súa vez da cobertura do persoal da nosa policía adscrita.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Coñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148 filmes e homenaxe a María Vázquez

Máis de 148 películas formarán parte este mes de setembro da Semana de Cinema de...

Outro incendio rexistrado nunha nave do Ceao provoca cuantiosos danos materiais, aínda que non se rexistran vítimas

Un incendio declarado na noite deste mércores nunha nave do polígono industrial de O...

Vicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades con participación israelí

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do BNG, anunciou que non financiará actividades nin...

Detido en Lugo por ameazar con navalla a dous menores que xogaban na rúa

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home de 64 anos de idade...