InicioSucesosDeteñen un home en Lugo por roubar o bolso a dúas mulleres...

Deteñen un home en Lugo por roubar o bolso a dúas mulleres a unha das cales levou arrastro

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos foron denunciados en Lugo o pasado 29 de abril en dependencias policiais, onde dúas mulleres relataron o roubo con violencia dos seus bolsos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados co patrimonio, detiveron a un home de 42 anos de idade, que conta con varios antecedentes, por roubo con violencia en relación á subtracción do bolso a dúas mulleres, en media hora, a unha das cales arrastrou.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos foron denunciados en Lugo o pasado 29 de abril en dependencias policiais, onde dúas mulleres relataron o roubo con violencia dos seus bolsos.

A primeira das incidencias sucedeu na Avenida da Coruña, onde a vítima esperaba o transporte público cando un home, o agora detido, apeouse dunha furgoneta branca e tratoulle de arrebatar o bolso, “levándoa de arrastro ata o vehículo”, sinalan as mesmas fontes, que unha vez iniciou a marcha ela tívoo que soltar para non sufrir mais danos.

A continuación ese mesmo día, e nunha franxa de media hora, indica a Policía Nacional, na zona de Lamas de Prado, outra muller denunciou que unha vez baixou do vehículo que deixou estacionado no lado esquerdo da calzada, foi abordada por un home, o cal lle arrebatou o bolso que levaba colgado.

Con todo iso os policías encargados da investigación solicitaron os testemuños das vítimas e das testemuñas, así como realizaron as dilixencias de investigación, que levaron á identificación do home agora detido. De feito, a Policía subliñou que o relato das testemuñas “foi determinante para centrar a investigación”.

Este pasado luns procedeuse á localización deste home no seu domicilio dunha localidade próxima á capital luguesa, tras o que foi detido e trasladado a dependencias policiais para ser ouvido en declaración e ingresar en calabozos á espera de pasar a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...