InicioSucesosDous feridos nunha colisión de dous turismos en Lugo

Dous feridos nunha colisión de dous turismos en Lugo

Un deles tivo que ser rescatado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os dous condutores e únicos ocupantes de dous turismos resultaron feridos tras chocar e envorcar cando circulaban pola N-V, ao seu paso polo concello de Lugo na noite deste pasado mércores, debido ao que un deles foi rescatado do interior do vehículo.

Segundo informou o 112 Galicia, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Lugo confirmaron que foi necesario empregar o material de excarceración para liberar a un dos condutores implicados, posteriormente trasladado polos servizos sanitarios de urxencia. A outra persoa ferida tamén requiriu ser evacuada por persoal sanitario, engadiu o 112.

O sinistro rexistrouse sobre as 21,00 horas e foron varias persoas particulares as que contactaron co 112 Galicia para avisar dunha colisión con persoas feridas entre dous turismos, na parroquia de Tirimol, á altura de Ramil.

Tras iso, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos membros do SPEIS de Lugo, á Garda Civil de Tráfico e Policía Local. Finalmente, despois de liberar ao ferido atrapado no interior dun dos vehículos, os servizos sanitarios trasladaron aos dous condutores implicados ao centro hospitalario de referencia.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...