InicioSucesosCondenan a dous anos de cárcere a unha acusada de estafar unha...

Condenan a dous anos de cárcere a unha acusada de estafar unha amiga

A afectada, que chegou a pedir o diñeiro a familiares e amizades, realizou 25 transferencias aos números de conta que a condenada lle facilitaba.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a dous anos de cárcere a unha muller por estafar, de forma continuada, a unha amiga, á que deberá indemnizar con 9.519 euros.

Segundo informou o TSXG, o tribunal considera probado na sentenza que a acusada, quen tivera unha relación laboral coa exparella da vítima, enganou á muller “propóndolle contratar de forma conxunta os servizos dunha avogada para así demandar conxuntamente o seu ex-xefe e reclamarlle unhas cantidades que debía a ambas”.

“A procesada, a pesar de ser plenamente coñecedora do seu engano, finxiu, entre agosto de 2016 e abril de 2017, manter contacto profesional cunha letrada e, guiada por un ánimo de lucro, esixía de forma continua á denunciante provisión de fondos, simulando que eran pagos para a asistencia xurídica que estaba a prestar a avogada”, relata o tribunal na resolución, na que destaca que, durante este tempo, a afectada realizou 25 transferencias aos números de conta que a condenada lle facilitaba.

Os maxistrados consideran á sospeitosa autora dun delito continuado de estafa porque entenden que houbo “un engano suficiente por parte da acusada”, quen se aproveitou “da situación de debilidade emocional na que se atopaba a vítima, por mor da súa ruptura sentimental”.

Ademais, subliñan que “fixo nacer na vítima a idea de reclamarlle o diñeiro que desembolsara a conta da súa exparella”, polo que logrou que lle fixese diversos ingresos, “a pesar das dificultades económicas nas que a denunciante se atopaba, que chegou a pedir o diñeiro a familiares e amizades, feito do cal era coñecedora a propia acusada, que, aínda así, persistiu na súa acción”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...