InicioSucesosDetido un mozo de Lugo por roubar nun centro escolar e un...

Detido un mozo de Lugo por roubar nun centro escolar e un garaxe en 2018 e 2019

O home, de 25 anos, conta con oito arrestos anteriores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo encargados da investigación dos delitos relacionados co patrimonio detiveron un home de 25 anos, veciño da cidade e que conta con oito arrestos anteriores, por dous delitos de roubo con forza nun centro escolar e nun garaxe en 2018 e 2019.

Así o informou a Policía Nacional, que detallou que os feitos foron denunciados a finais de 2018 e 2019, que consistiron no roubo con forza nun centro escolar da cidade, do que supostamente levou varios artigos deportivos, e o outro nun garaxe na zona de Garabolos.

As mesmas fontes policiais puntualizaron que no centro escolar da cidade de Lugo, ademais do roubo perpetrado, o individuo causou “danos importantes”. Despois de realizar as dilixencias e levar a cabo unha “longa investigación”, indica a Policía, “para relacionar todos os feitos”, os investigadores lograron “centrar e pechar a investigación en torno ao agora detido”, que tras ser posto en procura, foi localizado e detido.

A Policía Nacional puntualizou que esta investigación se dilatou no tempo, xa que se tiveron que “analizar moitas probas atopadas nos lugares dos feitos”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...