InicioLugo e contornaLugoLugo será Capital da Cultura do Eixo Atlántico 2023

Lugo será Capital da Cultura do Eixo Atlántico 2023

Esta elección situará a cidade "no mapa cultural internacional o próximo ano" e será "unha xanela aberta a riqueza cultural da eurorrexión".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo será a Capital da Cultura do Eixo Atlántico en 2023 e recollerá así a substitución de Braga. Así o acordaron este mércores por unanimidade os concellos de Galicia e do norte de Portugal da entidade transfronteiriza tras valorar a candidatura presentada polo Goberno de Lara Méndez nunha reunión en Guimaraes presidida polo secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao.

A alcaldesa agradeceu o apoio dos municipios e avanzou que a elección de Lugo como sede o situará “no mapa cultural internacional o próximo ano” e será “unha xanela aberta a riqueza cultural da eurorrexión”. “Desde o Concello apostamos pola cultura como un dos elementos decisivos no desenvolvemento social, económico e de identidade do municipio, a través do deseño de políticas culturais, diversas e plurais e que fomenten a capacidade creativa local, en sintonía coa nosa estratexia de cidade sustentable”, engadiu.

Segundo Lara Méndez, a candidatura de Lugo inclúe unha “interesante proposta vinculada ao pasado e á tradición ao mesmo tempo que impulsa unha visión moderna de innovación e vangarda”, cunha “ampla oferta cultural que será de interese para toda a sociedade” e coa que se espera “fortalecer as sinerxías e a cooperación dos axentes culturais e sociais de Lugo cos distintos municipios galegos e lusos que pertencen ao Eixo”.

A programación desenvolverase desde marzo a novembro e contempla non só as distintas disciplinas artísticas senón tamén unha ampla variedade de eventos, desde mostras de teatro, cinema a concertos, festivais de arte urbanos e exposicións, así como actividades infantís e certames gastronómicos, entre outras propostas, que se irán concretando da man dos concellos do Eixo Atlántico. Tamén incluirá actividades xa consolidadas na cidade como o Arde Lvcvs Cultural, o Festival Internacional de Jazz ou o Caudal Fest.

+ posts

ÚLTIMAS

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

O PP recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa de Guitiriz

O PP de Guitiriz recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa ao consideralo...

O PSdeG de Muras acusa ao BNG de impedir intervir á súa voceira

O PSdeG de Muras denunciou que o alcalde, Manuel Requeijo, impediu intervir á voceira...