InicioEconomíaO Concello de Lugo abonará 434.000 euros en indemnizacións para pór fin...

O Concello de Lugo abonará 434.000 euros en indemnizacións para pór fin ao conflito da rúa Alfredo Brañas

A lea procede do ano 1994, cando o pleno do concello aprobou o proxecto de expropiación para a urbanización da zona.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo abonará case 434.000 euros en indemnizacións aos propietarios dos terreos da rúa Alfredo Brañas para poñer fin ao conflito urbanístico aberto no ano 1995.

Segundo informou este martes o goberno local que encabeza a rexedora luguesa, Lara Méndez, a administración local procederá ao pago das contías recollidas no fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que deu a razón aos reclamantes de forma definitiva.

O conflito procede do ano 1994, cando o pleno do concello aprobou o proxecto de expropiación para a urbanización da rúa Alfredo Brañas. Parte dos terreos quedaron sen liquidar tras o reparcelamento da zona, o que levou os afectados a recorrer á vía xudicial.

O procedemento administrativo concluíu coa ratificación por parte do TSXG da sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo número dous de Lugo.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...

José Tomé avisa tras deixar a Presidencia da Deputación: “Non pararei ata descubrir que hai detrás de todo”

José Tomé oficializou este martes a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo...

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...

Lugo anuncia a nova licitación do bus urbano e a creación dun Consorcio do Centro Histórico

O Concello de Lugo celebrou este luns o pleno sobre o estado da cidade,...