InicioPolíticaO concelleiro de Galicia Sempre en Meira, Enrique Castro, pasa a integrarse...

O concelleiro de Galicia Sempre en Meira, Enrique Castro, pasa a integrarse no PP

Enrique Castro xustificou o paso dado como un acto de "responsabilidade" coa veciñanza e comprometeuse a traballar para "finalizar co desgoberno" que, di, representa o mandato dos socialistas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concelleiro por Galicia Sempre no municipio de Meira, Enrique Castro, acordou a súa integración no grupo municipal do PP, que contará agora con dous edís no concello gobernado en solitario polo Partido Socialista con seis dun total de nove asentos na corporación.

O acordo, do que informou este luns a dirección provincial dos populares lugueses, tamén inclúe a adscipción como afiliado de Enrique Castro, cabeza de lista nas eleccións municipais de 2019 pola candidatura independente ligada ao proxecto político fundado polo exvicepresidente da Deputación de Lugo e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez.

A presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, deu a benvida ao novo membro da organización, un movemento que cualificou como “unha noticia moi positiva” que permite “seguir ensanchando o partido e recuperando persoas que, no seu día, xa formaban parte da familia do PP”.

Pola súa banda, Enrique Castro xustificou o paso dado como un acto de “responsabilidade” coa veciñanza e comprometeuse a traballar para “finalizar co desgoberno” que, di, representa o mandato dos socialistas.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

A xuízo un home por agresión sexual á súa exparella cando esta decidiu deixar a relación

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro xoves, día 12, a un home...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...