InicioPolíticaPodemos reclama un convenio provincial para o sector do metal en Lugo

Podemos reclama un convenio provincial para o sector do metal en Lugo

Di que a provincia "ten moitas carencias a nivel salarial".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral de Podemos en Galicia e parlamentario nacional, Antón Gómez Reino, reivindicou este venres, xunto con Comisións Obreiras de Lugo, un “convenio provincial” para o sector do metal nesta provincia.

Gómez Reino quixo así “estar á beira das demandas dos traballadores, que están a pór encima da mesa algo de sentido común que é que teñen que ter un convenio provincial que estea á altura do que son outras provincias como Pontevedra e A Coruña“.

“Vimos apoiar as demandas dun sector que representa a máis de tres mil traballadores na provincia de Lugo, e os empresarios teñen que facer un esforzo”, manifestou. O líder de Podemos en Galicia avogou porque “os salarios destes traballadores estean á altura do resto de traballadores do noso país“. “Estamos con eles e a patronal ten que entender esta xusta demanda”, proclamou.

Ademais, Gómez Reino é consciente do “devaluado” dos salarios en Lugo, e así reparou en que esta provincia “ten moitas carencias a nivel salarial”. Finalmente puxo de relevo que o do metal “é un sector chave, un sector que dá traballo a tres mil persoas e ademais un sector que dá un emprego cualificado que ten que estar ben pago”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...