InicioSucesosDesarticulado un punto de venda de droga en Lugo tras a detención...

Desarticulado un punto de venda de droga en Lugo tras a detención dun home con antecedentes

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo encargados da investigación dos delitos relacionados coa saúde pública detiveron a un home de 39 anos con antecedentes por un delito de tráfico de drogas, tras o que se considera desarticulado un punto de venda de sustancias estupefacientes.

Así o informou a Policía Nacional, que indicou que despois de ter información a través do delegado de Participación Cidadá da Comisaría Provincial, “dunha trasfega de toxicómanos, nada habitual en certas zonas do barrio da Milagrosa”, a Policía Xudicial puxo en marcha unha investigación para determinar a verosimilitude das informacións, así como a posibilidade de que se cometese un delito contra a saúde pública.

Deste xeito, tras vixilancias e diferentes comprobacións, os investigadores determinaron que ese home, “moi coñecido polos investigadores”, destaca a Policía, fora detido no últimos tres anos ata en cinco ocasións con motivo da mesma “tipoloxía delituosa”, abunda.

Por iso, o pasado martes nunha das intervencións dos axentes que levan a investigación observaron que se realizaban vendas de droga na vía pública, polo que procederon á súa inmediata intervención e detención.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...