InicioSucesosDetida unha moza borracha en Lugo tras agredir a un axente e...

Detida unha moza borracha en Lugo tras agredir a un axente e ameazar a sanitarios que a atendían

Tivo que ser enviada ao hospital en ambulancia para a súa atención.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a unha moza de 31 anos que, en estado de embriaguez, tratou de agredir a un policía que tentou acougala nun local de lecer nocturno e ameazou a sanitarios no centro médico ao que foi trasladada para ser atendida.

Segundo informou a Policía Local, sobre as 1,30 horas deste 7 de abril unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno foi enviada á rúa Marina Española porque unha persoa causaba problemas no interior dun local de lecer nocturno da zona.

Os axentes, ao chegar ao lugar, observaron a unha muller de 31 anos de idade que, en estado de embriaguez, comezou a “berrar e insultar aos policías”, destacan as mesmas fontes, polo que procederon a tranquilizar á esta persoa, “momento no que agarra polo peito a un dos axentes, dándolle unha patada nunha perna, tentando agredilo na cara“, polo que foi reducida e detida.

As mesmas fontes policiais destacaron que como esta persoa “seguía nun estado de moita agresividade” procedeuse a trasladala a un centro médico, momento no que cuspiu a un dos axentes e golpeou “violentamente”, destacan, o biombo de seguridade do vehículo policial durante o traslado.

Ademais, apunta a Policía Local, no centro médico insultou e ameazou “gravemente” aos sanitarios, polo que foi requirida a presenza dunha ambulancia do 061 para o seu traslado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para a súa valoración. Por estes feitos instruíronse dilixencias por un delito de atentado a axentes da autoridade para a súa remisión ao xulgado de garda.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...