InicioSociedadeConta atrás para que Vilalba teña 'parque acuático'

Conta atrás para que Vilalba teña ‘parque acuático’

O concello adxudicou as obras construción do complexo acuático da Madalena, que servirá para impulsar e ampliar as posibilidades de lecer nesa zona fluvial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A empresa encargada de acometer a construción do parque acuático na capital da Terra Cha será Obras e Servizos Gómez Crespo e o orzamento dos traballos ascenderá a 643.473 euros máis IVE. O proxecto contempla 3 piscinas, un edificio de servizos semisoterrado na ladeira, e varias zonas para descansar e tomar o sol, así como unha rampla que servirá para conectar entre si a zona fluvial coa das piscinas.

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, agradeceu o apoio económico da Deputación de Lugo e lembrou que esta obra mellorará o espazo natural da Área Recreativa da Madalena, lugar de lecer e goce tradicional para as familias de Vilalba.

En palabras do concelleiro de Infraestruturas, Luis Fernández, “está pensado para dar resposta ás necesidades e gustos de todas as xeracións, permitindo, non só que haxa opcións de lecer para todas as idades, senón que pola súa disposición se permita que as nais e pais poidan manter un control visual dende calquera punto dos seus fillos e fillas mentres se atopan no recinto, aumentando a seguridade dos máis pequenos”.

CARACTERÍSTICAS DA INFRAESTRUTURA

Contará con tres piscinas: unha infantil de 0,45 metros de profundidade, unha de natación para uso deportivo de 1,55 metros de profundidade máxima e outra recreativa cunha profundidade de 1,20 metros. No caso do vaso infantil, complementarase con surtidores de auga que potencien e estimulen os xogos nesa área.

Tamén contará cun edificio de servizos que estará semisoterrado nunha ladeira de tal xeito que a súa presenza non obstaculice as vistas ao río nin sexa obxecto disonante no enclave natural. Nesta infraestrutura integraranse os cambiadores, os aseos, a sala de socorrismo, un almacén e unha zona para recepción. Haberá tres zonas para tomar o sol, situadas a carón das piscinas.

O obxectivo é integrar a contorna da praia fluvial co espazo propio das instalacións recreativas, minimizando o impacto construtivo sobre este espazo natural emblemático paa o Concello de Vilalba.

ÚLTIMAS

A Garda Civil apunta ao factor humano no accidente mortal da A-8 en Guitiriz

A Garda Civil de Tráfico fíxose cargo da investigación do accidente do pasado venres...

O PSdeG confía en que o goberno de Lugo aprobe os orzamentos tras a saída de María Reigosa

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, mostrou a súa confianza en que...

Once empresas optan ás obras do tramo final da autovía AG-22 entre Lugo e Sarria

A Xunta recibiu 11 ofertas de empresas para executar o último tramo da autovía...

O PPdeG pregunta ao alcalde de Lugo se consentirá o modelo de produtividade da Policía Local

O Grupo Municipal Popular pregúntalle ao alcalde de Lugo que opinión lle merece a...