InicioSociedadeInvestigan un ancián por acosar unha traballadora sociosanitaria en Rábade

Investigan un ancián por acosar unha traballadora sociosanitaria en Rábade

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga un home de 83 anos por supostamente acosar unha moza que traballou no seu domicilio como sociosanitaria do Servizo de Axuda no Fogar ata setembro de 2021, no municipio de Rábade.

Segundo fontes do instituto armado, ao finalizar a relación profesional o pasado ano, o home comezou a chamar “insistentemente” á traballadora, polo que transcorridos uns meses ela decidiu interpor denuncia.

Agora, o home é investigado por un delito de coaccións, xa que a denunciante non manifestou na súa denuncia as intencións que tiña o home nesas chamadas e non se pode considerar un delito de acoso.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...