Home Lugo e contorna Lugo Multado un condutor ebrio que impactou contra un coche e unha terraza en Lugo

Multado un condutor ebrio que impactou contra un coche e unha terraza en Lugo

0
Multado un condutor ebrio que impactou contra un coche e unha terraza en Lugo
Terraza contra a que impactou un vehículo en Lugo conducido por un condutor ebrio.. POLICÍA LOCAL

A Policía Local de Lugo interceptou un condutor que obtivo positivo na proba de alcoholemia tras chocar con outro vehículo e cunha terraza dun local de hostalaría, polo que foi multado con 500 euros e coa retirada de catro puntos do carné de conducir. Segundo relatou a Policía Local, sobre as 15,30 horas do pasado 30 de marzo o equipo de Atestados de Lugo desprazouse á rúa Reiseñor porque se produciu un accidente de tráfico.

Os axentes desprazados comprobaron que un turismo, ao realizar a manobra de estacionamento, alcanzou outro vehículo aparcado, ao que desprazou cara adiante e causou danos na parte posterior. A continuación, indican as mesmas fontes policiais, realizou unha manobra marcha atrás e chocou contra a estrutura da terraza dun local de hostalaría, na que causou danos, para continuar a traxectoria e atravesar a rúa ata impactar contra uns colectores de residuos situados na marxe oposta.

A Policía Local destacou que o condutor do vehículo presentaba signos de inxerir bebidas alcohólicas, polo que foi sometido ás probas de alcoholemia, nas que obtivo resultado positivo de 0,39 mg/l. Por iso, instruír expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de catro puntos do permiso de conducir.

+ posts