InicioMedioambiente e PatrimonioEndesa constrúe no parque eólico de Muras o primeiro edificio industrial de...

Endesa constrúe no parque eólico de Muras o primeiro edificio industrial de España con estándar de sustentabilidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

Endesa dotou ao parque eólico de Leboreiro, situado en Muras –preto das Pontes– dun novo centro de control e almacén froito da rehabilitación integral do vello edificio conforme aos estándares e certificacións de construción pasiva. Segundo informa a empresa, trátase do primeiro edificio industrial de España que obtén a acreditación Passivhaus.

Esta acreditación é un estándar internacional que recoñece con carácter oficial as edificacións que merecen ser consideradas sustentables. Para iso hanse de cumprir unha serie de requisitos de estanqueidade, ventilación e materiais establecidos polo Passivhaus Intitut de Alemaña.

De feito, o anterior centro de control presentaba humidades e filtracións e tiña unhas dimensións e uns materiais construtivos que dificultaban a súa integración na contorna. Desta forma, Enel Green Power España, a división de renovables de Endesa, di que acometeu unha reforma para resolver as carencias e, así mesmo, constituír un modelo de boas prácticas ambientais.

As novas instalacións, que requiriron un investimento próximo aos 300.000 euros, dispoñen de fachadas ventiladas revestidas con lousa autóctona nos flancos máis castigados polas inclemencias meteorolóxicas. Contan con aproveitamento de enerxía xeotérmica, cun pozo de 85 metros de profundidade e dispoñen de paneis fotovoltaicos que suman 9,4 quilowatts de potencia; así como recirculación de aire, 140 metros cadrados de chan radiante, aproveitamento de augas pluviais e alto grao de illamento en cerramentos e carpintaría.

ÚLTIMAS

A chuvia provoca que se adiante ao sábado os actos polo 25 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

O Concello de Lugo comunicou que adiantará para este venres a festa de celebración...

“Candeas” para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

O BNG reivindicou á Xunta que "garanta" o "bo estado" da iluminación da muralla...

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...

A Deputación de Lugo súmase á reclamación da descentralización de Medicina: “Non só para Vigo e Coruña, para Lugo tamén”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, reclamou a participación de Lugo no...