InicioCulturaFaCeLa Fest, unha festa "made in Lugo"

FaCeLa Fest, unha festa “made in Lugo”

O festival volverá celebrarse este ano na fin de semana do 12 ao 14 de maio, volvendo ás datas habituais antes da pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto con representantes da asociación FaCeLa, a sexta edición do festival FaCeLa Fest, o festival de música independente “made in Lugo” que conta coa colaboración das áreas de Cultura do Concello e da Deputación. 

O FaCeLa Fest volverá este ano ás datas habituais de antes da pandemia, celebrándose entre o 12 e o 14 de maio. O escenario principal volverá ser o exterior do Auditorio Municipal Gustavo Freire, que acollerá o festival os días 13 e 14 de maio, e contará con máis actividades gratuítas en distintas zonas da cidade, entre as que se atopan un dobre concerto que se celebrará no Club Clavicémbalo o xoves 12 e unha sesión vermú que terá lugar na praza da Milagrosa.

O cartel deste ano volverá apostar por bandas míticas da escena independente, entre as que se atopan as británicas The Wedding Present, procedentes de Leeds, que levan dignificando o indie-rock de guitarras desde os anos 80, e Wave Pictures, que chegarán ao FaCeLa Fest desde Londres cunhas letras onde o sentido do humor e as súas melodías destacaron no xénero durante os 20 anos de traxectoria do grupo. “Trátanse dúas apostas de gran calidade dentro do xénero, que demostran que este festival aposta pola calidade musical das distintas agrupacións”, afirmou Maite Ferreiro.

A escena internacional do festival complétase con The Mastersons + the Whitemore Sisters, unha banda de Country alternativa americana procedente de Brooklin e cos portugueses Eigreen, unha banda de recente creación e de gran calidade.

No tocante ás agrupacións estatais, destacan os galegos Triángulo de Amor Bizarro, que contan cun dos directos máis apaixoantes do panorama independente a nivel estatal, e que contan cun gran número de premios. Completan a selección os madrileños Los Punsetes, e Hinds, unha das bandas españolas máis valoradas a nivel internacional.

Estarán presentes tamén os barceloneses Stay, os vascos Lie Detectors ou o grupo madrileño Cosmen, que xunto cos ferroláns Bang 74 completarán a selección do sexto FaCeLa Fest. No tocante ás agrupacións locais, contarase con catro agrupacións de calidade, como son Kike GansoFilophóbicasTerror Erótico Adolescente e Nebra. A programación do FaCeLa Fest completarase con sesións de DJ.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...