InicioSociedadeSeguen aumentando os casos en Lugo aínda que baixa a presión hospitalaria

Seguen aumentando os casos en Lugo aínda que baixa a presión hospitalaria

Hai xa máis de 2.800 casos activos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia rexistra 23.680 casos activos de Covid-19, que supoñen un milleiro máis que a xornada anterior, tras detectarse outros 2.169 contaxios, que non baixan dos 2.000 diarios desde o pasado 16 de marzo; mentres que 448 pacientes seguen hospitalizados no conxunto da Comunidade galega. Pola súa banda, a taxa de positividade descende a un 13 por cento.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, descenden a 21 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –dúas menos– e aumentan a 427 as hospitalizadas en unidades convencionais –dúas máis–, mentres que 22.232 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o venres 18 de marzo– había 386 hospitalizados, 24 deles en críticos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en Lugo em aínda que aumentan a dous o críticos –un máis–, descenden a 38 os hospitalizados noutras unidades –seis menos–.

CASOS EN AUMENTO

A uns días da entrada en vigor da nova estratexia de vixilancia e control da Covid-19 que suprime os illamentos aos positivos asintomáticos –desde o luns 28 de marzo–, os casos activos seguen en ascenso por cuarta xornada consecutiva no conxunto de Galicia ata os 23.680, que constitúen 1.031 máis que o día anterior ao haber máis contaxios (2.169) que altas (1.134). O aumento de casos é xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas con Lugo (+91) que ten xa  2.817 casos activos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...