InicioLugo e contornaOuteiro de ReiComezo oficial da tempada de pesca fluvial

Comezo oficial da tempada de pesca fluvial

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, percorreu esta mañá de domingo un tramo do río Ladra, en Outeiro de Rei, coincidindo coa primeira xornada hábil para exercer a actividade. 41.000 afeccionados galegos con licenza vixente poderán gozar da súa afección.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A nova tempada de pesca en augas fluviais da comunidade comezou hoxe oficialmente para os máis de 41.000 afeccionados galegos que contan este ano con licenza en vigor.

Con motivo da primeira xornada hábil para a pesca da troita, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo, o tenente de alcalde de Begonte, Luis Luaña, a entidade colaboradora de pesca Asociación Deportiva Río Ladra e os axentes e vixiantes medioambientais da zona, visitou esta mañá un tramo do río Ladra ao seu paso por ambos municipios lucenses, desde onde se referiu aos aspectos máis destacados da campaña 2022.

Así, explicou que, no caso da troita e tamén con carácter xeral, a tempada de pesca en Galicia estenderase ata o 31 de xullo, tal e como figura na orde publicada o pasado mes de febreiro e na que se recollen as normas que rexerán este ano para as distintas especies ictícolas das augas continentais galegas.

A directora xeral subliñou que ao igual que a tempada pasada, os luns serán inhábiles para pescar, agás festivos nacionais ou autonómicos. Os xoves serán hábiles unicamente para a modalidade de pesca sen morte en todas as masas de auga, excepto o 14 de abril (Xoves Santo), durante o que se poderá exercer a actividade segundo a modalidade de pesca autorizada en cada couto.

Tras dous anos marcados pola pandemia, a ‘volta á normalidade’ trae un incremento de máis de 4.000 licenzas respecto ao ano anterior. En total son 41.225 as licenzas de pesca tramitadas nas catro provincias, un dato superior ao de 2021 —cando a cifra foi de ao redor de 37.000 en toda Galicia—.

A directora xeral aproveitou a súa presenza no río Ladra para salientar a gran riqueza natural desta zona, incluída dentro da Rede Natura 2000 e tamén na Reserva de Biosfera Terras do Miño.

Para coñecer máis detalles dos períodos e tamaños permitidos por especie pódese acceder á páxina web de actualidade da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Unha muller morta e tres feridos, entre eles os seus fillos menores, nunha saída de vía en Xermade

Unha muller morreu na tarde deste luns nunha saída de vía en Xermade, na que...

Rueda ratifica a creación do edificio con 50 aloxamentos compartidos para mozos na rúa Illa Coelleira da cidade de Lugo

Lugo cidade e a provincia centraron este luns a reunión semanal do Executivo autonómico,...

Luz verde ambiental a un parque eólico de Naturgy en Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira

O Diario Oficial de Galicia (DOG) informa este luns da declaración de impacto ambiental que...

Dous detidos e varios feridos tras unha pelexa con arma branca nun local de lecer de Lugo

Unha liorta nun local de lecer do barrio histórico de Lugo saldouse con dúas...