Home Lugo e contorna Lugo O Mercado de Lugo acolle a primeira Xornada de Intercambio de Antigos Cervexeiros

O Mercado de Lugo acolle a primeira Xornada de Intercambio de Antigos Cervexeiros

0
O Mercado de Lugo acolle a primeira Xornada de Intercambio de Antigos Cervexeiros
Presentación da Xornada de Intercambio de Antigos Cerveceiros / Concello de Lugo

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou a primeira edición da Xornada de Intercambio de Antigos Cervexeiros de Lugo, organizada pola asociación de Coleccionistas Cervexeiros de Galiza.

A concelleira de Participación explicou que “trátase da primeira edición desta xornada que se realiza en Lugo, despois de estar noutras cidades galegas como Santiago de Compostela e Pontevedra“.

A xornada agrupará a máis de 20 expositores que mostrarán as súas pezas o vindeiro domingo, 13 de marzo, a partir das 11 da mañá. Achegaranse coleccionistas de botellas de cervexa, chapas, pousavasos, etiquetas, vasos serigrafiados e outros artigos coleccionables procedentes de todo o mundo.

A concelleira de Participación destacou que “trátase dunha oportunidade única para coñecer o mundo do coleccionismo relacionado coa cerveza”, e engadiu “a veciñanza de Lugo poderá acudir de xeito gratuíto a ver as distintas coleccións”.

A mostra está a ser promocionada nun dos foros de coleccionismo especializado na cerveza máis importantes a nivel estatal e internacional, e desde a organización cóntase coa presenza de coleccionistas de Galiza, de distintas partes do estado e de Portugal, que se achegarán a Lugo para mostrar a súa colección.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here