InicioSucesosMultadas con mil euros dúas condutoras con alcoholemia positiva en Lugo

Multadas con mil euros dúas condutoras con alcoholemia positiva en Lugo

Tiveron senllos accidentes de tráfico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou dúas condutoras que foron sancionada con mil euros de multa e a retirada de seis puntos do carné tras obter alcoholemia positiva despois de senllos accidentes de tráfico. Segundo informou a Policía Local, por unha banda ás 2,25 horas do pasado 6 de marzo un equipo de Atestados da Policía Local trasladouse á rúa Campos Novos por un accidente de tráfico.

Ao chegar, os axentes comprobaron que un vehículo chocara contra outro estacionado e rexistráronse danos materiais. Pola súa banda, a condutora presentaba “signos de embriaguez”, destacaron as mesmas fontes. Sometida ás probas de detección alcohólica, esta condutora obtivo resultado positivo de 0,51 mg/l, polo que se lle abriu expediente sancionador con multa de mil euros e a retirada de seis puntos do permiso de condución.

Por outra banda, ás 17,20 horas do sábado 5 de marzo un equipo de Atestados trasladouse á Rúa dos Gardas porque un turismo golpeara coa súa parte dianteira a traseira doutro vehículo. Os axentes mobilizados observaron que a condutora dun dos vehículos implicados presentaba “signos de embriaguez”, apuntan as mesmas fontes municipais, polo que foi sometida ás probas, nas que obtivo positivo de 0,50 mg/l. Por iso, abríuselle expediente sancionador con multa de mil euros e a retirada de seis puntos do carné.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...