InicioLugo e contornaCastroverdeAtopan o corpo sen vida da muller de Castroverde desaparecida dende o...

Atopan o corpo sen vida da muller de Castroverde desaparecida dende o martes

O corpo foi localizado a un quilómetro e medio da vivenda da desaparecida

PUBLICADA O

- Advertisement -

O equipo de procura para tratar de localizar á muller de 52 anos desaparecida desde este martes no municipio lucense de Castroverde atopouna morta esta mañá. En concreto, o cadáver apareceu nunha zona con “moito monte”, ao redor dun quilómetro e medio de distancia da casa da desaparecida, cuxos familiares denunciaron a súa falta na noite do martes.

O alcalde de Castroverde, José María Arias, que participou nas batidas de onte e hoxe, confirmou a localización do cadáver. Os equipos de procura implicáronse  este xoves, sobre todo, no lugar de Barredo, que se sitúa na parroquia de Franceses de Abaixo, a pouco máis dun quilómetro da vivenda. Non fixo falta explorar máis aló, o cadáver atopábase “entre uns piñeiros e unhas silvas”, precisou o alcalde, ao redor do nove e media da mañá. A muller estaba casada co tenente de alcalde do Concello da Pastoriza.

CAUSAS DA MORTE

Pola súa banda, o delegado do Goberno José Miñones apuntou en declaracións aos medios que agora terá lugar a investigación “correspondente” para pescudar se a muller faleceu por morte natural ou por “algunha cuestión”. Polo de agora, descoñécense aínda as causas do sucedido.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...