InicioSucesosProsegue a procura da muller de 50 anos desaparecida en Castroverde

Prosegue a procura da muller de 50 anos desaparecida en Castroverde

A procura está a levarse a cabo na zona de Barredo, en Franceses de Abaixo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O dispositivo de procura da muller de 52 anos desaparecida desde este pasado martes no municipio de Castroverde renovouse ás 9,00 horas deste xoves. Esa noite do martes, sobre as 22,00 horas, os familiares da muller denunciaron a súa desaparición ante a Garda Civil que este mércores pasado activou a súa procura.

O alcalde de Castroverde, José María Arias, precisou que ás 9,00 horas deste xoves se volveu retomar o rastrexo, sobre todo a zona máis próxima ao domicilio da desaparecida, no lugar de Barredo, que se sitúa na parroquia de Franceses de Abaixo.

Arias precisou que se reiniciou a procura con “cazadores, veciños e a Garda Civil”. “Imos volver dar unha pasada e estendela (a procura) máis lonxe para poder atopala e ver se é posible dar con ela”, sinalou.

A área de procura pivota nas inmediacións da “zona na que vivía”, insistiu o rexedor, que engadiu que se “está ampliando o radio da súa casa e amplialo e repasar o que xa se fixo onte (mércores)”. Finalmente, José María Arias constatou que é a primeira vez que esta veciña desaparece, á vez que apuntou que a familia está “bastante preocupada”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...