InicioA UlloaLugo, entre as provincias ás que máis beneficiará o Bono Aluguer Novo...

Lugo, entre as provincias ás que máis beneficiará o Bono Aluguer Novo segundo a ARAG

ARAG considera que os inquilinos de provincias como Lugo, Ourense e Teruel, beneficiaranse máis do Bono Aluguer Novo debido á renda media, máis baixa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Bono Aluguer Novo beneficiará máis aos inquilinos de provincias como Lugo, Ourense e Teruel, onde a renda media dos alugueres está por baixo de 400 euros, segundo un comunicado de ARAG.

Arag considera que, con todo, a maioría de mozas de provincias como Madrid, Barcelona e Guipúzcoa poderían quedar sen a posibilidade de pedir a axuda, xa que a renda media supera os 600 euros que se marcan como límite para obter a axuda de 250 euros mensuais.

A avogada de ARAG Melissa Saez matizou que o límite “pode ascender a 900 a condición de que o decidan as comunidades autónomas”, e Cataluña xa avanzou que o ampliará.

Segundo datos do Ministerio de Fomento con información dos depósitos de fianza de 2018, os mozos das provincias de Lugo, Teruel, Ourense, Lleida, Xaén, León e Huesca poden ser os máis beneficiados por este bono novo. Isto débese a que as rendas medias do aluguer están por baixo dos 400 euros mensuais, e, desta maneira, poderían destinar a axuda a pagar máis da metade do aluguer.

En cambio, as provincias de Madrid, Barcelona, Gipuzkoa, Baleares Bizkaia, Ceuta e Málaga teñen unha renda media superior aos 600 –as tres primeiras rozan mesmo os 800 euros mensuais–.

ARAG constata que, aínda que as comunidades autónomas ás que pertencen decidisen aumentar o límite da axuda, poderían sufragar só unha terceira parte do aluguer mensual, aproximadamente. En canto ás outras provincias, roldan unha media similar, desde os 556 euros mensuais de Valencia aos 401 euros de Huelva.

En todos os casos, os ingresos de todos os residentes empadroados non poderán sumar máis de 24.318,84 euros durante este ano.

A NORMATIVA

Pero a normativa contempla que, para favorecer a mobilidade laboral, quen se mude a outras comunidades ou provincias terá mellores condicións: o límite máximo do aluguer subirá a 900 euros e o límite de ingresos pasará a 32.425,12 euros.

A avogada lembrou que poden optar ao bono “todas as persoas maiores de idade ata 35 anos” que teñan unha fonte regular de ingresos e que sexan titulares do contrato de aluguer de vivenda habitual.

“Será unha prestación económica individual: se no contrato de aluguer constan dous inquilinos ou máis, todos poderán optar á axuda”, engadiu.

ÚLTIMAS

Obras de rehabilitación en ligazóns da A-6 e A-8 en Begonte provocarán cortes de circulación durante tres semanas

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este xoves, 21 de novembro, as obras...

Un lucense gaña 2,6 millóns co Eurojackpot da ONCE

Un veciño da provincia de Lugo gañou 2,6 millóns de euros co Eurojackpot do...

Detidos en Lugo dous homes e unha muller por tráfico de drogas nas proximidades de colexios

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a dous homes e unha muller como...

O ministro Puente promete que o segundo viaduto do Castro estará listo “antes de final de ano”

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, asegurou este martes no Senado...