InicioSociedadeA Deputación aproba un convenio co Concello de Lugo para habilitar un...

A Deputación aproba un convenio co Concello de Lugo para habilitar un baño público no parque do Miño

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou un convenio co Concello de Lugo para dotar dunha “plataforma de baño público” ao parque do Miño da cidade, unha actuación á que destinará 303.000 euros. Así o avanzou este venres a portavoz socialistas do goberno provincial, Pilar García Porto, quen destacou que se trata dun exemplo de “colaboración” entre ambas as administracións.

Ademais, puxo en valor o “firme compromiso da deputación para colaborar con todos os concellos da provincia, neste caso o de Lugo, tal e como, segundo dixo, evidénciase noutras actuacións tan importantes para o futuro desta cidade, como poden ser as obras de desdobre e urbanización da Avenida Infanta Elena, ás que destina 1,4 millóns.

Pilar García tamén anunciou que a xunta de goberno autorizou concorrer a unha liña de axudas con fondos europeos, convocada pola entidade pública Red.es, dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, para a creación dunha rede de oficinas Acelera PEMEX no medio rural.

“Desde a deputación solicitamos un proxecto valorado en medio millón de euros, dos cales, de ser concedido, o 80 por cento estaría financiado por Red.es e o 20 por cento restante pola propia institución provincial”, explicou.

Conforme detallou, isto permitiría “crear unha oficina provincial con sete traballadores, para ofrecer durante un prazo máximo de dous anos asesoramento e soporte ás pequenas e medianas empresas da provincia en materia de transformación dixital”.

“Ese asesoramento será totalmente gratuíto para as empresas, e tamén será personalizado e adaptarase ás características individuais de cada negocio”, pormenorizou finalmente a portavoz socialista, Pilar García Porto.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...