InicioLugo e contornaLugoA Facultade de Humanidades activa un contador de violencias machistas para sacar...

A Facultade de Humanidades activa un contador de violencias machistas para sacar á luz situacións silenciadas

O proxecto está a ser desenvolvido desde comezos de ano polo alumnado da materia Ética e Política de Dereitos Humanos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC vén de lanzar unha iniciativa para convidar a reflexionar sobre a múltiple tipoloxía de abusos e vulneración de dereitos que sofren as mulleres en España a través da activación dun contador de violencia machista. O proxecto, desenvolvido desde comezos de ano polo alumnado da materia Ética e Política de Dereitos Humanos, pretende dar visibilidade, ademais de sensibilizar sobre a grave problemática, en moitas ocasións silenciada ou descoñecida, que afecta ás mulleres.

“Desde que puxemos en marcha este contador de violencia a comezos de xaneiro, xa están rexistrados un bo número de casos nos que se percibe a vulneración de dereitos das mulleres”, relata a profesora Beatriz Fernández Herrero. Esta docente, que considera moi importante facer visible esta lacra social a fin de avanzar na prevención deste tipo de violencias, destaca que os episodios de maltrato físico e os asasinatos son os casos que captan máis atención na sociedade.

Fernández Herrero engade asemade que o labor de observación e busca que realiza o alumnado implicado na actualización deste contador de violencia machista permite sacar á luz moitas situacións silenciadas, pero que no fondo encobren diversas formas de violencia. “Moitas destas condutas menos visibles, algunhas merecedoras de incluír na chamada violencia estrutural, responden á consideración de micromachismos, aínda que é posible que non sexa a definición máis acertada”, comenta Fernández Herrero.

Alén do número de casos xa computados no contador de violencia machista activado este ano, a coordinadora desta actividade práctica puxo o foco nas novas formas de acoso ou vulneración de dereitos de mulleres xa advertidos. Así, esta docente sinalou as prácticas de ciberacoso ou insultos a mulleres que arbitran competicións deportivas como dúas das situacións máis singulares detectadas este curso no panorama nacional.

“Seguro que non somos capaces de contabilizar todos os casos que se producen, a pesar de que o alumnado fai un seguimento dos medios de comunicación e tamén desenvolve buscas específicas en Internet. Aínda así, a pesar deste esforzo, non todas as administracións ofrecen as mesmas facilitadas para achegar estes datos nin aportan o mesmo grao de información”, dixo Fernández Herrero, que sinalou a do País Vasco é unha das comunidades máis transparentes á hora de facilitar este tipo de información estatística.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...