InicioAncaresDescobre as árbores máis particulares da provincia de Lugo

Descobre as árbores máis particulares da provincia de Lugo

A Deputación presenta unha obra que analiza en detalle doce exemplares dos Ancares e O Courel.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, acollerá este luns a presentación do libro ‘Árbores e formacións senlleiras da contorna dos Ancares e do Courel‘, elaborado polo catedrático da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio Rigueiro.

O acto será ás 19,30 horas no salón de actos do pazo e será aberto ao público, de modo que poderán asistir gratis todas aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man esta nova publicación na que colabora a Deputación. Esta obra inclúese nas monografías do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader), no marco da serie ‘Cadernos da Estación Científica do Courel’ que edita a USC.

O libro ofrece información detallada das 12 árbores e formacións incluídos na actualidade no catálogo galego de árbores singulares, dúas das cales foron recentemente descatalogadas, así como oito que se consideran merecedores de formar parte do listado –tres xa propostos–.

Ademais, no último apartado inclúense 16 exemplares non documentados ata o momento como sinal inequívoco de que “cun traballo de campo máis exhaustivo novas árbores e formacións singulares serían atopados nestas terras”, destaca a Deputación.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...