InicioPolíticaLugo é o exemplo "da aposta do PSdeG polo sector forestal", di...

Lugo é o exemplo “da aposta do PSdeG polo sector forestal”, di Formoso

Formoso puxo esta iniciativa como exemplo de que "merece a pena investigar" no que "as materias primas achegan a unha cadea de valor que significa que todo o monte galego seguirá empregando a miles de familias".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, puxo a Lugo como exemplo da “aposta do PSdeG polo sector forestal” como eixo de “unha novo paradigma socioeconómico centrado na innovación e a sustentabilidade ambiental”.

Así o dixo na visita ao Edificio Impulsa Verde, construidoen a capital luguesa só con madeira galega, un acto do que informou o PSdeG nun comunicado e no que estivo acompañado pola alcaldesa, Lara Méndez, e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé.

Formoso puxo esta iniciativa como exemplo de que “merece a pena investigar” no que “as materias primas achegan a unha cadea de valor que significa que todo o monte galego seguirá empregando a miles de familias”. “Falamos de emprego, falamos de medio ambiente e de pór en valor as potencialidades do sector primario e forestal de Galicia”, destacou.

O socialista considerou necesario non deixar marchar a “ningún talento” e que “ningunha idea emprendedora deixe de ter apoio e tutorización por parte das administracións”, como é o caso da Deputación e o Concello de Lugo, ao considerar que “é a mellor aposta que se pode facer como sociedade”.

Así mesmo, criticou a “parálise” do Goberno galego no ámbito da innovación, da ciencia e do sector forestal, que “obriga” ao sector privado e, neste caso, ao ámbito municipal a levar adiante as iniciativas.

Na súa intervención, destacou que o Concello foi capaz de “romper coas barreiras burocráticas” que “ás veces fan imposibles de executar as grandes ideas políticas” e recoñeceu que a Deputación e o Consistorio “no peor da pandemia foron capaces de non baixar o pé do acelerador neste cambio de paradigma socioeconómico” e garantir 12 millóns de euros para Lugo.

Segundo indicou, deste xeito demostraron a potencialidade do monte da provincia, que achega o terzo da madeira exportada por Galicia –a maior produtora de España–, que dá recursos a másde 100.000 propietarios e emprega a máis da metade dos traballadores dos municipios do interior de Lugo.

Formoso elixiu Lugo como destino da súa primeira visita institucional como secretario xeral do PSdeG, na que destacou “o cambio de modelo urbanístico” da cidade nos últimos 20 anos. Pola súa banda, no acto, a alcaldesa presentou o Edificio Impulsa Verde, como “xerme do primeiro barrio multiecológico de España” e un “fito na cidade e para a economía local, provincial e autonómica”.

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, destacou a volta á madeira cunha perspectiva “máis moderna”, que permite aproveitar un recurso “sustentable e non contaminante” abundante en Lugo.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...