InicioLugo e contornaLugoDetido un home de 46 anos en Lugo por un suposto delito...

Detido un home de 46 anos en Lugo por un suposto delito violencia machista

Instrúense dilixencias para a súa remisión aos xulgados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 46 anos foi detido pola Policía Local de Lugo en relación cun suposto delito de violencia machista. Sobre as 23,45 horas do 8 de febreiro, un axente do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo observou a unha muller que camiñaba en pixama ante as dependencias policiais, ía acompañada dun home e empezou a chorar e a dicir que quería que a súa parella se vaia de casa.

O axente identificou o home e requiriu a presenza dunha axente feminina que se entrevistou coa muller, quen explicou que a súa parella, que a acompañaba, colléraa polo pescozo cando discutían para impor a súa vontade. Ademais, relata que se pon moi agresivo e que a insulta.

Por estes feitos procédese á detención do home. A vítima foi trasladada ao seu domicilio á espera de presentar a correspondente denuncia, mentres levaron ao detido a dependencias policiais, onde se instrúen dilixencias para a súa remisión ao xulgado.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...