InicioTerra CháCospeitoO Pai da nena asasinada: "Espero que se faga xustiza ... pola...

O Pai da nena asasinada: “Espero que se faga xustiza … pola nena que a teño nunha caixiña no cemiterio”

Familiares da nena asasinada en Muimenta increpan á acusada no arranque do xuízo e piden "saber a verdade"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Familiares de Desirée, a nena de sete anos que apareceu morta na vivenda da súa nai en Muimenta, no Concello de Cospeito, o 3 de maio de 2019, concentráronse este luns ás portas da Audiencia Provincial de Lugo, onde reclamaron xustiza para a menor antes do arranque da primeira sesión do xuízo.

O pai, José Manuel Leal, o avó paterno, José Luís, así como outros familiares e veciños, demandaron “xustiza” portando unha pancarta na que se lía: “Quero saber toda a verdade. Xustiza para Desirée“. O pai da nena admitiu que empeza o xuízo “con moita dor e co corazón partido en miles de pedazos”. “Espero que se faga xustiza, xa non por min, se non pola nena que a teño nunha caixiña no cemiterio“, dixo.

Leal demandou que a persoa que cometeu o crime “pague coa pena máxima estipulada neste país a día de hoxe, que é a prisión permanente revisable”. “Para nós, desde ese día foi todo costa arriba. Esperamos que se faga algo de xustiza, que a morte da nena non se pode pagar con nada. A ver si sae a pena da prisión permanente revisable”, desexou o avó da menor.

PRISIÓN PERMANENTE REVISABLE

O tres acusacións personadas na causa, a particular que exerce o pai, a popular, da Fundación Amigos de Galicia, e a Fiscalía, piden a prisión permanente revisable para a nai de Desirée.

Pouco antes de entrar na vista, o avogado do pai, José Manuel Ferreiro, recoñeceu que “a chave” neste caso, no que “a autoría é clara”, é determinar se a nai viuse afectada ou non polo seu trastorno psicótico no momento dos feitos, aínda que foi diagnosticada con posterioridade.

Para a acusación particular, este trastorno non impediu que cometese o crime “en pleno uso das súas facultades”, unha postura que evidencia “o seu comportamento tanto antes, como durante, como despois” de matar á nena.

A NAI “EMPEZA A ILLAR” Á NENA

Sobre o móbil do crime, o avogado do pai afirmou que a nai “se mostrou sempre moi posesiva coa nena”, unha “das razóns que levou á separación” de ambos. Tal e como sostivo, foi cando o pai ía deixar o seu traballo na Coruña para desprazarse a Lugo para vivir con Desirée cando a acusada “empeza a illar” á pequena.

Ademais, Ferreiro apuntou que a declaración da avoa materna da nena será outra das chaves, xa que tamén estaba na vivenda no momento dos feitos.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...