InicioEconomíaO Concello avaliará máis de 220 propostas para os Orzamentos Participativos

O Concello avaliará máis de 220 propostas para os Orzamentos Participativos

Un equipo técnico comprobará a viabilidade das iniciativas rexistradas na primeira fase dos Orzamentos Participativos antes de realizar a votación popular

PUBLICADA O

- Advertisement -

A primeira fase dos Orzamentos Participativos de Lugo rematou con máis de 220 achegas. De seguido, un equipo de técnicos revisará as iniciativas recollidas antes de que a cidadanía poida decidir sobre o destino final da partida de 350.000 euros postos a disposición pola Concellería de Cidadanía. Rosana Rielo, responsable do departamento, desvelou que as áreas máis mencionadas son as de enxeñería, parques e xardíns, emprendemento, deportes, medio ambiente, policía local e mercados.

Na web loop.lugo.gal foron recollidas algo máis de duascentas propostas, contabilizando 1.200 visitas e 140 usuarios rexistrados. O rexistro dixital dos Orzamentos Participativos hai que engadir outras vinte presentadas no Rexistro Xeral do Concello, e as obtidas nas catro xuntanzas de barrio celebradas durante o último mes.

Rielo afirmou que o balance da experiencia é, polo de agora, “moi positivo” e “enriquecedor”. Ata o momento, só trascenderon as 28 iniciativas presentadas por Lugo Monumental, mais non remata aquí a implicación cidadá. Previa avaliación por parte dos técnicos municipais, as iniciativas consideradas viables pasarán á terceira fase, a de votación. Todas as persoas empadroadas no Concello de Lugo de máis de 14 anos poderán votar as diferentes propostas, escollendo no sitio web habilitado unha por unha as iniciativas, segundo un modelo de carriño da compra.

A modificación do PEPRI desbloquea a confluencia de San Roque coa Ronda

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...