InicioLugo e contornaConclúe sen acordo o período de consultas do ERE na planta láctea...

Conclúe sen acordo o período de consultas do ERE na planta láctea de Tegestacín en Outeiro

A CIG alerta de que se aproxima a falta de pagamento de dúas mensualidades consecutivas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O período de consultas do ERE que afecta a 70 empregados na planta láctea de Tegestacín en Outeiro de Rei concluíu sen acordo, segundo informa a CIG.

Nun comunicado, o sindicato censura que, “a pesar disto, a empresa pretende forzar, con coaccións e sen garantías para o persoal, un acordo que lle lexitime o despedimento colectivo diante da autoridade laboral”.

A CIG, como sindicato maioritario, indica que nestes momentos a compañía ten toda a responsabilidade para exercer os despedimentos e garantir os pagos correspondentes de salarios, liquidacións e indemnizacións. Avisa de que se aproxima a falta de pagamento de dúas mensualidades consecutivas.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Plataforma cidadá contra unha posible moción de censura en Lugo

A posibilidade de que o Partido Popular impulse unha moción de censura en Lugo...

O Goberno de Lugo acusa a Candia de perseguir “os seus intereses persoais” coa moción

A portavoz do PSOE no Goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, cualificou de...