InicioLugo e contornaPortomarínFerido un home tras precipitarse desde unha escaleira nunha panadaría de Portomarín

Ferido un home tras precipitarse desde unha escaleira nunha panadaría de Portomarín

O servizo de emerxencias tivo constancia deste accidente laboral a través dunha persoa ás 11:55 horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home resultou ferido de consideración na mañá deste mércores despois de precipitarse dunha escaleira, desde unha altura de catro metros, no municipio de Portomarín.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon nunha panadaría situada na Avenida de Sarria, no termo municipal de Portomarín. O servizo de emerxencias tivo coñecemento deste accidente laboral a través dunha persoa ás 11,15 horas.

Tras iso, por parte do CIAE 112 Galicia pasouse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata unha zona próxima ao lugar dos feitos un helicóptero medicalizado para atender ao home ferido.

Tamén, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención de axentes da Garda Civil e de Protección Civil de Portomarín, para colaborar co equipo médico desprazado na aeronave. Ademais, informou os feitos ao GES de Monterroso.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...