InicioLugo e contornaLugoLugo enfronta un 2022 cargado de espectáculos de danza e baile

Lugo enfronta un 2022 cargado de espectáculos de danza e baile

O Concello anuncia seis espectáculos para o primeiro semestre do ano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo renova o seu calendario cultural de cara ao primeiro semestre deste 2022 con varios espectáculos de danza. Así o vén de anunciar a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, que presentou as actividades enmarcadas no ciclo Lugo en Danza.

Ferreiro destacou que “a nivel galego, só os concellos de Lugo e a Coruña contamos con programación de danza estable durante todo o ano, o que nos permite colocarnos como un punto importante desta arte escénica no calendario estatal e atraer a Lugo espectáculos de primeira calidade, ao mesmo tempo que apoiamos ás creadoras e creadores locais e galegas”.

A primeira obra terá lugar o 25 de xaneiro e tratarase de “Nubivago”, de Equilibrio dinámico. Despois seguirá, o 17 de febreiro con “O raro é que bailar sexa raro” de Andrea Quintana, e máis tarde, o 6 de marzo; “Nina ninette” de Traspediante. Así até o 17 de xuño con 17 de xuño, “Nó” de Elahood. É a terceira edición do ciclo Lugo en Danza.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...